5.6.17

Cría el cuervo, y sacarte ha los ojos.


Bret Weinstein é un profesor de bioloxía na Evergreen State College en Olympia, Washington. O profesor Weinstein é o que aquí calificaríamos como un activista progre ou esquerdista.  O profesor Weinstein fixo campaña polo candidato demócrata Bernie Sanders, e tamén destacou por apoiar o movemento "Occupy Wall Street", un movemento semellante ao 15M en España.  A educación superior nos EE.UU é diferente á española. Non é o mesmo un "college" que unha "university", fundamentalmente os college non teñen actividade investigadora mentres que as university si. Polo tanto os college son institución de ensino superior centradas no ensino que complementan cunha grande actividade sociocomunitaria. Por iso é frecuente que os college teñan unha marcada orientación ideolóxica ou metodolóxica no ensino. Como podedes imaxinar hai colleges con toda clase de orientacións, e os potenciais estudantes escollen en función dos seus intereses. O Evergreen State College é un dos college con máis sona nos EE.UU por ser un college con forte inspiración esquerdista. Un fácilmente tira a conclusión de que o profesor Weinstein é un profesor moi popular no seu college. Porén a conclusión é erronea.

O profesor Weinstein ven de sofrir unha campaña de acoso e derribo por parte dos estudantes do college. Cal foi o seu delito? atreveuse a desafiar un día de segregación racial. O día coñecido polo nome de "Day of Absence" é unha tradición do college que se remonta aos anos 70. Rememora unha obra satírica dun autor activista (Douglas Turner Ward) na que imaxina o caos que se produce nunha cidade sureña se os negros un día desaparecen. Nos últimos anos este día foi empregado para que os estudantes e profesores se reunan fora do campus e tomen parte en debates sobre racismo e calquera outro tema que sexa do seu interese. Este ano decidiron mudar as actividades deste día. Posibelmente preocupados polas consecuencias da elección de Donald Trump como presidente, os estudantes negros presionaron para que o "Day of Absence" 2017 tivera unha orientación diferente: ese día os negros ficarían no campus e os brancos abandonarían o campus. Así os profesores brancos deberían suspender as suas aulas e os estudantes brancos non acudir ao campus. 

O infortunado profesor Weinstein pensou que isto era un erro e fixo pública a sua discrepancia mediante unha carta dirixida ao organizador do acto, o director do "First Peoples Multicultural Advising Services". Na misiva o profesor Weinstein argumenta con toda a razón:

“There is a huge difference between a group or coalition deciding to voluntarily absent themselves from a shared space in order to highlight their vital and under-appreciated roles, and a group or coalition encouraging another group to go away. The first instance is a forceful call to consciousness. The second is a show of force, and an act of oppression in and of itself.”

Por esta discrepancia o profesor Weinstein tivo que enfrentarse cun grupo duns 50 estudantes que o acusaban de racista e esixían a sua demisión. “You’re supporting white supremacy” é unha das acusacións máis frecuentes no video. Cando o profesor Weinstein trataba de explicarlles aos estudantes que a sua guía era a busqueda da verdade os estudantes rinse del. O incrible video o podedes seguir no seguinte enlace.

A cousa non acabou aí. A administración do college informou ao desgraciado profesor que non podía garantir a sua seguridade no campus. Daquela o desventurado profesor decidiu dar a sua clase nun parque público. Os estudantes que decidiron asistir a sua clase foron fotografiados e as imaxes cos seus nomes publicadas en internet. Neste enlace pódense obter máis detalles deste grave incidente. 

Esta clase de ataques a liberdade de opinión e de pensamento non son exclusivas dos EE.UU. e nos lembran o importante que é defender as liberdades fundamentáis. Non existe ningunha causa que lexitime a violación das liberdades individuais. Unha vez que se abre unha porta a someter unha liberdade individual por unha boa causa por aí cólase o fanatismo e o totalitarismo, sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario